Mapas actualizados de tódalas temáticas e lugares do mundo!
Comparte e emprega información doutros usuarios.

¿Cómo podo controlar a privacidade dos meus mapas?

¿Cómo podo controlar a privacidade dos meus mapas?

ikiMap conta con un sistema de xestión de permisos que che permite definir quén pode ver e/ou editar os teus mapas e ikiMapas.
Cando creas un mapa ou, unha vez creado, dende a pantalla de edición, podes acceder a un sinxelo asistente que che permite definir o seu nivel de privacidade. As opcións das que dispós son:

  • Visualización do mapa
    • Só eu podo ver o mapa
    • Tódolos usuarios poden ver o mapa
    • Os usuarios concretos que indique poden ver o mapa
  • Edición do mapa
    • Só eu podo editar o mapa
    • Tódolos usuarios poden editar o mapa
    • Os usuarios concretos que indique poden editar o mapa

A busca de usuarios concretos pode realizarse a través do nome de usuario en ikiMap, a través do correo electrónico, ou entre o listado dos teus amigos. No caso de que a persoa á que queremos engadir para ver e/ou editar o mapa non sexa previamente usuaria de ikiMap, automaticamente enviaráselle unha invitación á súa dirección de correo electrónico para unirse ó noso mapa.